'‘La Boheme’' de Puccini será o día 23 unha festa da música mariñá

José Díaz contratou a Compañía de Ópera Nacional de Moldavia, que virá representar no auditorio de Burela a famosa obra
Una representación de '‘La Boheme’' en el auditorio Gustavo Freire, hace años
photo_camera Una representación de '‘La Boheme’' en el auditorio Gustavo Freire, hace años

De verdadeiro acontecemento cualifican os profesores e alumnos das escolas de música mariñás e o conservatorio de Viveiro a chegada este mes dun espectáculo musical como a ópera ‘La Boheme’ de Puccini. Será o domingo 23 ás sete da tarde co auditorio municipal de Burela para a posta en escena. O concelleiro de Cultura, José Díaz, conseguiu que a Compañía de Ópera Nacional de Moldavia faga na Mariña unha das funcións da súa xira. "Sen dúbida é unha das apostas máis ambiciosas que fixemos desde que estou na concellaría e espero que o público da comarca, desde O Vicedo ata Ribadeo e Mondoñedo, responda, sabemos que esta música arrastra uns afeccionados moi concretos e entendido pero é un espectáculo digno de presenciar".

Recorda que a ópera naceu para achegar a música culta ao pobo. "Creouse como un teatro cantado para que xente humilde que non podía ir a actuacións de grandes orquestras sinfónicas ou filarmónicas, puidese gozala". Díaz acudiu hai meses á representación que esta mesma compañía ofreceu de ‘La Traviata’ de Verdi no auditorio e Vilalba, unha escala aproveitando a súa actuación na Coruña, e agora negociou traer ‘La Boheme’ dado que o aforamento do auditorio burelense, con 750 butacas, así o permite.

SATISFACCIÓN E PARABÉNS. Dado que esta compañía colabora con artistas de talla internacional, en ámbitos musicais saúdase a súa chegada á Mariña. Ë o caso do propio director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, quen nunha misiva aos usuarios da mesma sinalou que "estamos diante de todo un acontecemento, un verdadeiro agasallo para vos amantes dá música, xa que é a primeira vez que se vai representar un espectáculo destas características".

Engade Carballal na súa comunicación: "Permítanme expresar as miñas felicitacións á corporación municipal e, en particular, ao concelleiro de cultura e educación, pola decidida aposta pola música, sendo consciente do enorme esforzo económico e organizativo que representa. Que non falte ninguén! E que esta festa dá música non sexa a derradeira".

ARGUMENTO DE OBRA MESTRA. Considerada a mellor ópera de Giacomo Puccini, foi estreada en 1896 en Turín e encerra algunhas das melodías (arias, duetos...) máis soadas da historia da música. Aborda a vida duns novos artistas, pobres, nunha bufarda do Paris do século XIX. O personaxe de Mimí (interprétao unha soprano), costurera enferma que ama ao poeta Rodolfo (tenor) pronto chega ao público nunha trama de catro actos, con comedia e drama.

Comentarios