José de Cora presenta 'Veneno de mujer' no Centro Galego de Barcelona

O acto foi virtual e retransmitido en streaming pola canle de Youtube do centro
El escritor José de Cora, con su libro 'Veneno de mujer'. AEP
photo_camera El escritor José de Cora, con su libro 'Veneno de mujer'. AEP

Veneno de mujer. Asesinas y sus ponzoñas é o novo libro do xornalista e director xeral de El Progreso, que presentou o martes a través do Centro Galego de Barcelona.

O xornalista rastrexa, con visión xornalística e tamén científica, un centenar de casos destacados de envenenadoras múltiples, asasinas en serie disfrazadas de esposas, enfermeiras ou aias, dos séculos XIX e XX.

A obra foi escrita coa colaboración do biólogo Óscar Soriano, doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid e científico titular do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC).

O libro, publicado por Edhasa, baséase en documentación xornalística e xudicial e inclúe unha listaxe de velenos e os seus efectos

A gravación da presentación pode visualizarse posteriormente na canle do Centro en Youtube.

Comentarios