José de Cora presenta o próximo 8 de agosto o seu último libro na Coruña

Ilustres asasinos y distinguidos cadáveres foi distinguida co premio literario premio literario Fernando Arenas Quintela 2019
José de Cora. V. RODRÍGUEZ
photo_camera José de Cora. V. RODRÍGUEZ

O xornalista lucense e director xeral de El Progreso, José de Cora, presentará o próximo 8 de agosto o seu novo libro, Ilustres asasinos y distinguidos cadáveres. A presentación terá lugar na librería Arenas da Coruña ás 20.00 horas.

De Cora estará acompañado polo expresidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe e o catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña José María Paz Gago.

O seu último traballo, que conta co recoñecido premio literario Fernando Arenas Quintela 2019, aborda unha serie de crimes que tiveron lugar en varias familias galegas de alto abolengo.

Estes sucesos, que forman parte da crónica negra de Galicia, estiveron vinculados con personaxes tan recoñecidos como Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Ánxel Fole ou Castelao.

"Son historias que non están recollidas en ningún volume", afirmou o xornalista, que resalta o descoñecemento que houbo de moitos dos crimes.

Comentarios