Jorge Coira será recoñecido co Premio Pedigree do Festival de Cans pola súa traxectoria

Estreouse no certame o seu documental Vivir2veces, dirixido xunto ao seu irmán Pepe, sobre a figura de Beiras
Ian Gibson saluda a Xosé Manuel Beiras en Cans. SALVADOR SAS (Efe)
photo_camera Ian Gibson saúda a Xosé Manuel Beiras en Cans. SALVADOR SAS (Efe)

O Festival de Cans, que se celebra no Porriño, entregará este venres o seu premio de honra Pedigree 2021 ao cineasta de Rábade Jorge Coira, pola súa traxectoria.

O realizador estreou o xoves no certame Vivir2veces, un documental ao redor da figura do histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras que dirixiu xunto ao seu irmán Pepe e a Gaspar Broullón.

Ao mediodía será a quenda do coloquio co hispanista Ian Gibson, que protagoniza o filme de Pablo Romero Fresco Donde acaba la memoria. A peza segue os pasos de Gibson en viaxes á Granada de  Federico García Lorca e a Las Hurdes que visitou Luís Buñuel en 1933. Na xornada entregaranse Chimpín de Prata a Tamar Novas e Marisol González.

Andrés Goteira, Alejandro, Jaione Camborda, Lucía Estévez e Guillermo falarán sobre a elaboración de guións. Tamén se estreará 9 fugas, do vigués Fon Cortizo. A partir das 20.00 horas poderán verse en Cans as tradicionais procesións de chimpibuses.

Comentarios