martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Javier Perianes, estrela da Semana do Corpus

O premio Nacional de Música actuará o día 26 en Lugo con pezas de Beethoven e Chopin. Oito concertos, que serán do 22 de maio ao 5 de xuño, abranguen cinco séculos de música. Ludovice Ensemble dará un recital baseado nos sons propios do tempo de Magallanes

Javier Perianes, La Ritirata, Raquel Andueza e La Galanía, Praeteritum Ensemble ou o portugués Ludovice Ensemble serán os protagonistas da Semana do Corpus, que se desenvolverán bo Círculo de las Artes de Lugo entre o próximo día 22 e o 5 de xuño. Serán 8 concertos que conforman un programa que abrangue cinco séculos de música.

Nesta edición contará co pianista e gañador do Premio Nacional de Música Javier Perianes, que actúa o día 26, ás 20.00 horas, con temas de Beethoven, Chopin, Granados e Listz.

A soprano Raquel Andueza á fronte do seu grupo, La Galanía, anunciou un programa do primeiro barroco italiano, e soará o día 22 ás 20.00 horas.

O día 23, ás 19.00 horas, tocará a Orquesta Gaos, con obras de Ravel, Respighi e Rodrigo.

O Praeteritum Ensemble centrará o seu concerto na música da primeira metade do século XX con obras de Schönberg e Richard Strauss nun concerto ás 20.00.

Semana do Corpus

O grupo historicista La Ritirata abordará o día 29 ás20.00 horas un repertorio centrado na música de Antonio Caldara.

Ludovice Ensemble, pola súa banda, ofrecerá un concerto arredor da música da corte portuguesa na época de Magallanes, polos 500 anos da primeira volta ao mundo. O Cuarteto Alicerce, xunto coa soprano brasileira Rosana Orsini, interpretará o Stabat Mater de Boccherini o día 2 de xuño. A Orquestra Sinfónica Vigo 430 pechará o festival o día 5 de xuño.

Os concertos serán gratuítos e teñen cabida limitada. As entradas pódense recoller, a partir do venres, na páxina web www.entradaslugo.es ou na Oficina de Turismo.

Javier Perianes, estrela da Semana do Corpus
comentarios