Javier Cámara protagonizará 'Rapa', a nova serie dos irmáns Coira

A serie dos creadores lucenses do aclamada 'Hierro' rodarase na comunidade galega
Javier Cámara. MOVISTAR+
photo_camera Javier Cámara.

Javier Cámara será o protagonista da serie Rapa, un thriller de suspense dos irmáns lucenses Pepe e Jorge Coira, creadores da exitosa serie Hierro.

O actor gañador de dous premios Goya meterase na pel de Tomás, un profesor que exerce sen interese na docencia nun centro da localidade de A Capelada. Tomás convértese en testemuña involuntaria da morte da alcaldesa, Amparo Seoane. "A Tomás non lle tocaría en absoluto ser testemuña", aprecia Pepe Coira.

Para o tamén guionista de Rapa, "é o actor ideal para ese personaxe que está lonxe de ser o arquetipo do investigador. Pensamos en que Cámara podería darlle humanidade a Tomás, que pode empatizar co espectador".

Na serie haberá outra investigadora, o sarxento da Garda Civil Maite, "que procederá da policía xudicial de Ferrol" como corresponde por ámbito.

A serie, producida por Movistar+ en colaboración coa produtora coruñesa Portocabo, terá un guion de Pepe Coira e Fran Araújo, e estará dirixida por Jorge Coira.

Constará de seis episodios de 50 minutos de duración. A rodaxe farase integramente en Galicia, en terras de Cedeira e Ferrolterra. Comezará en setembro e estrearase en 2022.

Pepe Coira explicou que a resposta positiva lograda por Hierro animounos xunto a Movistar+ a repetir xénero "nun escenario con carácter, que impregne a historia, como a illa do Ferro".

A serra da Capelada e localidades de Ferrolterra converteranse no escenario do crime Na decisión sobre o espazo no que ambientar a trama tivo peso que é unha terra antiga de altos cantís sobre o, onde os cabalos viven libres, salvo un día, o da rapa da bestas. "A mera existencia de cabalos ceibos foi importante. Para os galegos é normal, pero quedan poucos lugares en Europa nos que os haxa".

O guionista de Rábade móstrase reservado á hora de falar dos personaxes. Maite volve ser un personaxe feminino, o que se inscribe no interese dos Coira por resaltar a mulleres en ámbitos profesionais que nos lles son habituais, como a xudicatura en em Hierro, ou a investigación policial en Rapa.

Pepe Coira adianta que "a relación entre Maite e Tomás será diferente, pero seguiremos explorando vos personaxes".

Farano co transfondo dunha rapa, que é o día durante o que os cabalos libres son encerrados para ser marcados. "A rapa é unha tradición que sintetiza o belo e o salvaxe dun territorio polo xeral tranquilo, pero que vai ser escenario dun crime", segundo apunta Movistar+.

En opinión de Pepe Coira, "a serie é a historia dun crime e das razóns polas que alguén mata e polas que alguén investiga". Engade que "é unha historia que reúne a unha serie de personaxes que nos atraía coñecer: o profesor frustrado que sente como un estímulo ser testemuña dun asasinato; a sarxento da xudicial que está no seu territorio cando vai á caza do culpable; homes e mulleres involucrados".

O guionista desmentiu que Amparo, o nome da asasinada, se inspirase nas catro Amparo que os Coira teñen na súa familia directa. "Os nomes veñen inspirados pola contorna, pero non", desmentiu o lucense entre risas.

Comentarios