Iván Ferreiro e Coque Malla encabezan o '15 Mil Fest' da Coruña

O artista galego Iván Ferreiro será xunto a Coque Malla o principal atractivo do festival 15 Mil Fest que se celebrará por primeira vez o próximo mes de xuño na Coruña.

15 Mil Fest aspira a converterse nunha "data no calendario coruñés" ofrecendo a posibilidade de gozar "ano tras ano" de artistas de primeira liña do panorama nacional, explica a organización nun comunicado.

Na súa primeira edición o 15 Mil Fest contará cun cartel encabezado por Iván Ferreiro, quen presentará o seu último traballo Picnic Extraterrestre. Ferreiro comparte cabeza de cartel con outro clásico do pop rock español, Coque Malla quen representa o seu último traballo Termonuclear.

Jacobo Paz, La Bien Querida, , Stereotipos e Coyote Express ou os Bandit -banda que estrea novo nome pero que vén precedida pola xa famosa Electric band de Santiago Campillo, o guitarrista de Pink Floyd, Jools Cooper,  ou o baixista de Eric Clapton, Steve Emery,- completan o cartel.

Comentarios