A Irmandade Xurídica aposta polo galego no campo administrativo

O colectivo valorou o traballo realizado a principios do século XX polas Irmandades da Fala, ás que homenaxeou en Monforte
Un momento de la reunión de la Irmandade Xurídica Galega
photo_camera Un momento de la reunión de la Irmandade Xurídica Galega

A Irmandade Xurídica Galega celebrou o seu noveno congreso este sábado en Monforte, onde defendeu o galego como idioma vehicular no sistema xurídico e administrativo. O presidente deste colectivo, Xaquín Monteagudo, fixo un repaso pola historia recente da lingua de Rosalía, destacando o labor realizado a finais do século XIX polas Irmandades da Fala, a quen este colectivo homenaxeou na cidade do Cabe co descubrimento dunha placa para honrar a un dos seus promotores, o notario monfortino Manuel Banet. 

Ademais, publicou un libro titulado ‘Xuristas das Irmandades da Fala’, onde se recollen varios ensaios nos que se fala do traballo de xuíces e avogados a finais do XIX e principios do século XX para que o galego non se limitase a un idioma literario e pasase a ser de uso normal en todos os ámbitos da vida, algo que Xaquín Monteagudo indicou que sucedese fai 50 anos se non se chegase a producir a Guerra Civil e posteriormente a ditadura de Franco. 

O presidente da Irmandade Xurídica Galega indicou que ese período propicio a perda dun bo número de galegofalantes, recuperándose paulatinamente desde a instauración do Estatuto de Autonomía de Galicia. 

Así mesmo, animou aos presentes a conseguir que o galego "sexa de uso normal, e iso non está tan lonxe", destacou. Os membros deste colectivo que participaron no encontro aplaudiron as palabras do seu presidente, comprometéndose a manter "a fe de que ou galego sexa a lingua xurídica, do dereito e das administracións".

comentarios