O III Certame de Poesía Torre de Caldaloba ten unha nova convocatoria

Libros. PIXABAY
photo_camera Libros. PIXABAY

A organización do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, a cargo do Concello de Cospeito e a Asociación Cultural de San Martiño de Piñeiro, en colaboración con Culturalia GZ, programa novamente a terceira edición do concurso, tras anular a convocatoria que estaba en curso.

Esta suspensión foi por mor dun erro administrativo "irresoluble, consecuencia dun fallo informático previo durante ou proceso de recepción de orixinais", o que motivou que os promotores do certame, tratando de fornecer "a intención de transparencia e rigor" do mesmo, canceláseno esta semana, cando o prazo para presentar as obras pechouse o 3 de outubro.

Esta nova convocatoria supón unha modificación dos prazos establecidos e cambios no proceso de envío de poemas que figuraban na convocatoria anulada. Desta forma, a data límite para presentar propostas queda fixada para o vindeiro domingo 15 de novembro, sendo o fallo do xurado o 12 de decembro e a entrega de premios cinco días despois, o sábado 19.

As persoas interesadas en participar poden consultar as bases do premio no enlace certamepoesia.concellodecospeito.es, na web do Concello de Cospeito ou en Culturalia GZ.

Hai dúas categorías, con dous premios en cada unha. Na de maiores de 18 anos, o gañador levará 1.500 euros e verá publicada a súa obra, do mesmo xeito que o segundo clasificado. No apartado de menores de idade, o primeiro recibirá unha tablet e o segundo un libro electrónico e ambos un lote de libros.

Comentarios