sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

A igrexa de Santa María de Meira acolle en agosto un concerto de Carlos Núñez

Carlos Núñez. AEP
Carlos Núñez. AEP

A actividade encádrase dentro do décimo aniversario da Cofraría Nosa Señora do Pedregal

MEIRA. A igrexa parroquial de Santa María de Meira será o escenario dun concerto de Carlos Núñez o 13 de agosto, unha actividade que se encadra dentro dos actos programados para celebrar o décimo aniversario da Confraría Nosa Señora do Pedregal.

As entradas para o espectáculo, que terá prazas limitadas, pódense adquirir xa a través da ataquilla.com na oficina de turismo de Meira. "Vai ser algo moi grande, moi bonito e nun escenario único", avanza o párroco, Miguel Asorey.

REVISTA. A confraría meirega, dentro dos actos polo seu décimo aniversario, presentará este sábado, día 22, ás 20.30 horas no salón de plenos, unha revista conmemorativa editada para a ocasión. No acto, conducido por Yoani Jartín, intervirán Noelia Gigán, Rocío Verdes e Miguel Asorey.

A igrexa de Santa María de Meira acolle en agosto un concerto de...
Comentarios