'A Galiña Turuleca' chegará aos cines o 1 de xaneiro cunha versión integramente en galego

La gallina Turuleca. FILMAX
photo_camera A galiña Turuleca. FILMAX

A Galiña Turuleca, a película de animación 3D producida por Tandem Films e a empresa galega Filmax que se estrea o próximo 1 de xaneiro, contará cunha versión integramente en galego.

Así se confirmou este mércores durante a presentación da cinta que que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago e na que estivo presente a Xunta para destacar o seu compromiso co audiovisual galego. Un compromiso que o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, cifrou en máis "de 2,6 millóns de euros para apoiar proxectos do audiovisual galego, dos que máis de 2 foron destinados á produción".

Ademais, Rodríguez destacou a implicación da fundación Andrea para conseguir que a longametraxe se proxecte nos hospitais das sete cidades galegas, onde os nenos ingresados durante este Nadal poderán gozar das aventuras desta galiña que popularizaron Os Pallasos da Tele cunha canción infantil durante o seu emblemático programa ¿Como están vostedes?.

Comentarios