A gala dos Goya 2021 foi a menos vista dos últimos 15 anos

Se convirtió, con todo, en la emisión televisiva con más espectadores de la jornada y fue líder en su franja
Antonio Banderas y María Casado, en la gala de los Goya. EFE
photo_camera Antonio Banderas e María Casado, na gala dos Goya. EFE

A gala de entrega dos Premios Goya 2021, presentada por Antonio Banderas e María Casado en La 1 de TVE, alcanzou unha cota de pantalla dun 15,6% e 2.482.000 espectadores de audiencia media, co que é a menos vista dos últimos 15 anos.

Con todo, atendendo ao informe de Barlovento Comunicación —con datos de Kantar—, a gala foi a emisión máis vista do día e foi líder na súa franxa de emisión, ao conseguir máis de 7 millóns de audiencia acumulada. O minuto de ouro rexistrouse ás 22.43 horas con máis de 2,7 millóns de espectadores atentos á gala —o que supón un 15,5% de cota de pantalla— cando se anunciaron os nomeados á mellor curtametraxe de ficción.

► Máis información: 'Las niñas' coróase como mellor película dos Goya máis atípicos

No que respecta ao perfil da audiencia, a entrega dos Goya logra os seus mellores rexistros en mulleres, no grupo de 13 a 64 anos e nas comunidades de Madrid, Andalucía, Murcia e Valencia.

A gala dos Goya de 2020, tamén en La 1, tivera unha audiencia media de 3,6 millóns de espectadores e unha cota de pantalla do 26,1%, mentres que en 2019 foron 3,8 millóns de espectadores e unha cota de 26,2%.

Segundo o informe, a audiencia da edición deste ano supera en cinco puntos o media xeral da cadea no día e achega un 34% do resultado de La 1 na xornada.

Comentarios