Francisco Narla fala en Lugo sobre a súa nova novela, 'Balvanera'

A última obra do escritor lucense, presentada no Vello Cárcere, está ambientada no Yucatán do século XVI

Francisco Narla, este jueves en la presentación de 'Balvanera' en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Francisco Narla, este xoves na presentación de 'Balvanera' en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

O escritor lucense Francisco Narla presentou este xoves a súa nova novela, Balbanera, no Vello Cárcere de Lugo. O autor explicou esta aventura ambientada no Yucatán do século XVI, na que varios personaxes queren roubar a carga dun barco de Indias que leva un material moi valioso para poder tinguir a roupa cunha elegante cor negra.

A obra está protagonizada por un pobre, Camacho, e ambientada no México de finais do século XVI. "Falo da corrupción no imperio español a través do comercio do pao de tinta, que permitía aos Austrias vestir de negro porque foron os primeiros en ter esa tinguidura. O pao de tinta era máis valioso que o ouro ou a prata", explicaba Narla (Lugo, 1978) nunha entrevista publicada esta semana en El Progreso. 

Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
Asistentes á presentación da última novela de Narla. VICTORIA RODRÍGUEZ

"Camacho é un rapaz sen apelido, que daquela aseguraba unha posición. Camacho chámase en realidade Isidoro Bernal María de la Santísima Merced de la Visitación y Brochero, que foi como lle puxo a nai. Púxenlle Camacho como fillo da Camacha, que é un personaxe do que fala Cervantes, é unha homenaxe a Cervantes", detalla o autor.

Narla, que vive en Friol, tamén é piloto e a que asina agora é a súa oitava obra.

Comentarios