Falece Sara, irmá do intelectual galeguista Ramón Piñeiro

Residía nunha residencia de San Marcos, en Santiago. O funeral foi en Lugo, provincia da que é orixinaria a súa familia

A familia de Ramón Piñeiro. AEP
photo_camera A familia de Ramón e Sara Piñeiro en Armeá (Láncara). AEP

Sara, irmá nonaxenaria do intelectual galeguista Ramón Piñeiro, faleceu a pasada semana na residencia San Marcos, en Santiago, onde pasou os derradeiros anos da súa vida. Os seus restos foron incinerados e posteriormente celebrouse un funeral polo seu eterno descanso en San Xoán de Pena, no concello de Lugo.

Orixinaria de Láncara, pasou gran parte da súa vida na capital galega e foi bibliotecaria do Policlínico La Rosaleda. Ela e seu irmán, falecido en 1990 aos 75 anos de idade, residiron durante un tempo nunha vivenda da compostelá rúa Xelmírez que se fixo famosa pola súa icónica mesa camilla, á que sentaron moitas personalidades da época.

Comentarios