Falece o músico Moncho Díaz, unha das voces destacadas de Fuxan Os Ventos

Cantaba e tocaba a guitarra e a frauta no grupo lucense e era parella de Tereixa Novo
Moncho Díaz, a la izquierda; con sus compañeros de Fuxan Os Ventos. /AEP
photo_camera Moncho Díaz, a la izquierda; con sus compañeros de Fuxan Os Ventos. /AEP

O músico Moncho Díaz, que cantaba e tocaba a guitarra e a frauta no grupo lucense Fuxan os Ventos, faleceu este venres. Entrara na formación en 1980 e continuaba integrándoa. Morreu como consecuencia de problemas de saúde.

Moncho Díaz foi técnico de son na Radio Galega. Era parella doutra voz e fundadora do conxunto, Tereixa Novo (As Nogais, 1956), dedicada profesionalmente ao ensino. Ambos estiveron asentados en Fisterra. Fillas súas son a cantante Faia Díaz e Noa Díaz, responsable da promotora artística NonSi? Servizos Culturais.

Os seus restos mortais atópanse no tanatorio de Boisaca, na sala Pratería; onde se velarán ata este sábado á tarde, cando serán incinerados na intimidade. Os seus amigos reuniranse dentro duns días para renderlle unha homenaxe no que tomarán un viño tinto, comerán empanada de Monforte e cantarán varios dos temas que lle gustaban.

Fuxan os Ventos é un grupo de música tradicional formado en 1972 en Lugo, no Seminario Menor. A banda gañou, co nome de Folk 72, no III Festival de San Lucas, de Mondoñedo, co tema Fuxan Os Ventos.

Comentarios