Falece aos 59 anos o dramaturgo Gustavo Pernas

Natural de Viveiro, era unha figura fundamental do teatro galego

Gustavo Pernas Cora. EP
photo_camera Gustavo Pernas Cora. EP

O teatro galego está de loito logo de coñecerse a nova do pasamento de Gonzalo Pernas Cora (Viveiro, 1959). O agora finado desenvolveu unha ampla traxectoria profesional neste campo, no que se estreara en 1985. Así, adicouse á dirección teatral, á escrita de textos dramáticos e mesmo á dobraxe.

Pernas Cora, que contaba con varios premios e distincións, tamén foi autor de diversos relatos e guións de televisión, así como realizador de curtas, actor e director de dobraxe. Ademais, colaborou en programas de radio e foi o creador, xunto con Ánxela Abalo da compañía teatral Áncora Producións.

Este martes, 30 de outubro, ás oito e media da tarde, haberá un acto de despedida no tanatorio Albia da cidade da Coruña.