As entradas do concerto de Muse en Vigo sairán á venda este venres a 65 euros

Os socios do Celta poderán acceder á preventa este xoves con motivo do centenario do club
Fernández-Tapias en la presentación del concierto de Muse en Vigo. EUROPA PRESS
photo_camera Fernández-Tapias en la presentación del concierto de Muse en Vigo. EUROPA PRESS

As entradas do concerto do grupo británico Muse, que actuará o 8 de setembro en Vigo, sairán á venda este venres, día 29 de xullo, por un prezo de 65 euros, segundo anunciou a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias. 

Así, a Xunta presentou este mércores os detalles da actuación, que se enmarca dentro da celebración do Xacobeo 21-22 e que se levará a cabo no Estado Municipal de Balaídos, polo que os socios do Real Club Celta de Vigo poderán acceder á preventa este xoves con motivo do centenario do club. 

Acompañada polo director do Área de Negocio do Celta, Carlos Caos, e polo responsable da produtora Zircozine, Farruco Castromán, a representante autonómica informou de que os teloneiros serán os ingleses Years&Years e os vigueses The Killer Barbies, liderados por Silvia Superstar. 

"Será unha das tres únicas datas que ten reservadas Muse en España e estou segura de que sen ningunha dúbida vai ser o mellor concerto do verán en Galicia", reivindicou Marta Fernández-Tapias, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado. 

Neste sentido, subliñou que foi o compromiso da Xunta o factor determinante para conseguir que a actuación se celebrase en Vigo. "Dixemos desde o principio que a cidade contaría cos mellores concertos do Xacobeo e cumprímolo a pesar de todos os obstáculos que atopamos polo camiño", engadiu, en relación á polémica que xurdiu por mor de que o Concello non permitía a realización do concerto en Balaídos. 

Fernández-Tapias indicou que o aforamento final para a actuación de Muse en Balaídos será de 14.000 persoas e que non será o único concerto do Xacobeo en Vigo, xa que a Xunta programou outra vintena de actuacións como a de C. Tangana (23 de agosto). 
 

Comentarios