O Portamérica trasládase de Nigrán a Caldas

Esta edición celebrarase do 13 ao 15 de xullo na carballeira caldense e contará con artistas como Xoel López ou Iván Ferreiro
Público en el festival de 2015
photo_camera Público en el festival de 2015

O Festival Portamérica trasladarase este ano do seu habitual emprazamento en Porto do Molle, en Nigrán, á Carballeira de Caldas de Reis, segundo informou este xoves a organización.

O certame musical, que destaca tamén pola súa oferta gastronómica, celebrarase do 13 ao 15 de xullo na súa nova localización. A organización de Portamérica anuncia parte do elenco de artistas que formarán parte do cartel este ano, entre quen se contan Xoel López, Iván Ferreiro, Triángulo de Amor Bizarro, Niños Mutantes, DePedro, Novidades Carminha, Rufus T. Firefly, Mateo Kingman ou Siddhartha.

Os abonos sairán á venda o vindeiro martes a un prezo especial de lanzamento de 35 euros e a cota por acampar na beira do río Umia será de 3 euros.

Comentarios