O fillo de Díaz Pardo di que o valor da súa cerámica ''está secuestrado''

Una de las piezas de la exposición, durante la muestra en Lugo (Foto: J. VÁZQUEZ)
photo_camera Una de las piezas de la exposición, durante la muestra en Lugo (Foto: J. VÁZQUEZ)
Xosé Díaz, fillo do falecido empresario e artista Isaac Díaz Pardo, lamentou este mércores que "o valor que tiña a cerámica de Isaac está secuestrado" na factoría de Cerámicas do Castro, na localidade coruñesa de Sada.

A cerámica deste artista protagoniza unha mostra denominada 'A vangarda das formas. Obras cerámica de Isaac Díaz Pardo', que este xoves será inaugurada por Afundación (a antiga Fundación Novacaixagalicia) no seu centro sociocultural da Coruña. Este mércores, o seu fillo participou na presentación e alí foi consultado pola situación de Cerámicas do Castro, factoría do grupo Sargadelos que podería ser absorbida pola planta de Sargadelos, na parroquia homónima do municipio lucense de Cervo.

Díaz Pardo creou en 1949 a fábrica en Sada, xa coa idea de recuperar Sargadelos, e por iso o seu fillo Xosé pensa que "Sargadelos recolle todo o pensamento —do artista— que é converter a arte en industria".

"Ese valor que tiña a cerámica de Isaac está secuestrado, os actuais administradores non entenden que non é unha industria calquera senón un lugar simbólico", engadiu, en declaracións recollidas pola axencia Efe.

Na súa opinión "a situación é crítica" e "vai empeorando de ano en ano" porque "os actuais administradores están a intentar evitar os valores simbólicos de Sargadelos". Aludiu, por exemplo, á web do grupo, na que, segundo asegurou, non se menciona nin a Díaz Pardo nin a Luís Seoane. "Iso é unha forma de encubrir a historia", engadiu.

A exposición, que estará aberta ata o 10 de xaneiro, está coordinada por Afundación e a Deputación de Lugo e os seus comisarios son Fernando Arribas Arias e Teresa Pena Moreda.

Comentarios