Para o director de 'Parasitos' o futuro do cine pasa por Oliver Laxe

Bong Joon Ho inclúe ao director de O que arde nun ránking de 20 promesas do cine independente
Oliver Laxe y Bong Joon Ho.EP
photo_camera Oliver Laxe e Bong Joon Ho.EP

O director de Parásitos, Bong Joon Ho, incluíu a Oliver Laxe nun ranking das 20 promesas do cine independente publicado este mércores polo medio británico especializado BFI

O director coreano ve no talento de Laxe, e no doutros directores que tamén triunfaron en 2019, como os americanos Ari Aster ou Robert Eggers, o xaponés Hamaguchi Ryusuke ou a italiana Alice Rohrwacher, o futuro do cine nos próximos vinte anos.

Os ecos da obra de Laxe aparecen na prensa británica cando vén de coñecerse que O que arde será proxectada en varias salas do Reino Unido durante o mes de marzo. Os espectadores do país poderán ver a laureada cinta que xa pasou polos grandes festivais de Europa en cidades como Londres, Newcastle, Glasgow ou Mánchester

Comentarios