Crystal Fighters actuarán en marzo na Coruña

A xira española incluirá tamén incluirá concertos en Barcelona, Madrid e Murcia

Crystal Fighters. INSTAGRAM
photo_camera Crystal Fighters. INSTAGRAM

Os británicos Crystal Fighters e o seu pop festivo e bailable volverán a España o próximo mes de marzo de 2019 para ofrecer un total de catro concertos. As cidades que os acollerán son A Coruña (o día 7, Sala Pelícano), Barcelona (o 13, Hivernacle do Poble Espanyol), Madrid (o 15, WiZink Center) e Murcia (o 16, Auditorio Parque Fofó). 

A venda xeral de entradas para estas actuacións iniciarase este venres 9 de novembro ás 11 horas. Ademais, o grupo puxo en circulación este martes Goin' harder, un tema no que colaboran coa colombianos Bomba Estéreo. 

Outro aperitivo para abrir o apetito ante o que será o seu próximo disco, do que aínda non se coñecen nin o título nin a data de publicación, que pode escoitarse tres días despois da súa actuación do pasado sábado no Estadio San Mamés de Bilbao con Muse e Berri Txarrak. 

Comentarios