Cristina Pato opta a dous Grammys

A gaiteira ourensá aspira a dous premios pola súa participación na formación Silk Road Ensemble e polo documental 'The music of strangers'
Cristina Pato
photo_camera Cristina Pato

A gaiteira galega Cristina Pato participa en dous proxectos que optan este ano aos Premios Grammy, os principais galardóns mundiais da música, que cumpren a súa edición número 59. En concreto, Cristina Pato opta a estes galardóns pola súa participación na formación Silk Road Ensemble, candidata ao mellor álbum de World Music por Sing me home; e pola película documental The music of strangers, dirixida por Morgan Neville e candidato ao Grammy ao mellor filme musical.

Yo-yo Ma e o Silk Road Ensemble estreou o pasado mes de abril o disco Sing me home, que inclúe unha nova versión da canción tradicional galega Cabaliño, gravada xunto a músicos galegos e membros do proxecto Rústica. O álbum foi desenvolvido e gravado en paralelo ao proxecto The music of strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, un documental do director gañador dun Óscar e un Emmy Morgan Neville, que se estreou en xuño nos cines de todo o mundo.

Comentarios