O ciclo de danza Atopémonos Bailando amplía a programación cultural

O obxectivo desta programación é achegar esta disciplina aos veciños 

Maite Ferreiro na presentación de Atopémonos Bailando. EP
photo_camera Maite Ferreiro na presentación de Atopémonos Bailando. EP

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, xunto con integrantes do Colectivo Glovo o ciclo Atopémonos Bailando, co que se amplía a programación cultural do auditorio municipal Gustavo Freire nos días 13, 16 e 17 de abril.

Atopémonos bailando é un proxecto de reactivación de espectáculos de danza impulsado polo Colectivo Glovo, formado por Esther Latorre e Hugo Pereira, e apoiado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e subvencionado pola Agadic a través das axudas ao Impulso do Sector Escénico da Xunta de Galicia no 2020.

"Este ciclo reunirá a compañías emerxentes da danza contemporánea galega e lucense, ás que se unirán a investigadora Sabela Mendoza e a xornalista Nieves Neira", explicou Maite Ferreiro.

Entre as compañías locais e galegas convocadas atópanse Alejandra Balboa, Cía Exire (Alba Fernández Cotelo e Estefanía Gómez), Fran Martínez, Diego Buceta e Cris Vilariño.

A concelleira afirmou que "o ciclo Atopémonos Bailando é un encontro do público coa creación a través dunha programación de pezas curtas de danza acompañada de obradoiros para achegar este tipo de espectáculos á veciñanza”. Atopémonos bailando acolleu xa unha residencia de reactivación do espectáculo Mapa de Colectivo Glovo tras a parada provocada pola COVID-19 para unha posta a punto ante a xira do 2021 do espectáculo, que foi seleccionado no circuito nacional Danza A Escena 2021.

PROGRAMA
-16 de abril ás 20h. Funcións de Alejandra Balboa, Cía Exire e Diego M. Buceta. Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

-17 de abril ás 20h. Funcións de Cris Vilariño, Colectivo Glovo e Fran Martínez. Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Obradoiros:
-13 de abril de 17.30h a 19.30h. Obradoiro de Cris Vilariño en Escola Palimoco. Para nenas e nenos de 9 a 12 anos.

-16 de abril de 12h a 14h (streaming). Obradoiro de Fran Martínez no Conservatorio de Danza de Lugo. Para alumnado do Conservatorio.

-17 de abril de 10h a 11.30h. Obradoiro de Alejandra Balboa no MIHL. Para todos os públicos. Día 17 de abril de 12h a 13.30h. Obradoiro de Cía Exire no MIHL. Para estudantes de danza de todas as idades.

-17 de abril de 16h a 17.30h. Obradoiro de Diego M. Buceta + Atenea García no MIHL. Actividade para todos os públicos sobre identidade de xénero.

Comentarios