Cepeda e Ana Guerra anuncian xira conxunta, que parará en Galicia

As entradas xa están á venda

Ana Guerra y Luis Cepeda. INSTAGRAM
photo_camera Ana Guerra e Luís Cepeda. INSTAGRAM

Cepeda e Ana Guerra ofrecerán 16 concertos por toda España, que terá en Santiago de Compostela a súa única parada en Galicia, o 15 de novembro.

Da man de imaginBank, Clipper's Live e GTS, dúas dos artistas que máis están a destacar e consolidando a súa carreira musical tras o seu paso por Operación Triunfo reúnense nesta iniciativa orientada a ofrecer unha nova experiencia musical. 

Esta xira arrincará en Valencia (28 de setembro, Auditorio Mariña Norte) e continuará por Palma de Mallorca (5 de outubro, Son Fusteret), Santa Cruz de Tenerife (11 de outubro, Palmetum), Granada (18 de outubro, Palacio de Congresos), Murcia (19 de outubro, Cuartel de Artillería), Don Benito (26 de outubro, Feval), León (31 de outubro, Palacio de Deportes) e Santiago de Compostela (15 de novembro, Multiusos Fontes do Sar). 

Despois será quenda para Bilbao (22 de novembro, Area Mirabilla), Madrid (26 de novembro, Palacio Vistalegre), Barcelona (28 de novembro, Sant Jordi Club), Sevilla (13 de decembro, Cartuxa Center), Málaga (14 de decembro, M.A.C.), Xixón (20 de decembro, Palacio de Deportes Adolfo Suárez), Zaragoza (21 de decembro, Sala Multiusos) e Pamplona (17 de xaneiro de 2020, Navarra Area). 

Na presentación, Cepeda expuxo que esta xira lle permitirá achegar a súa música "a un público máis amplo", mentres que Ana Guerra apostilou: "Faime moita ilusión poder facer estes concertos xunto a Luís e poder chegar a tantas cidades e reunirme con toda a xente que ten ganas de verme en concerto". 

As entradas para a xira imaginBank 2019 están á venda desde este mesmo martes 19 de febreiro e poden adquirirse en exclusiva desde a app de imaginBank e na www.giraimaginbank.com. Os clientes de imaginBank poden dispor dun desconto de 40% en todas as cidades e datas anunciadas, e proximamente poderán acceder ao sorteo que lles permitirá coñecer aos artistas no Meet&Greet en cada concerto. 

Comentarios