O centenario do nacemento de Luz Pozo celebrarase con actividades sobre a súa vida e obra

Sete programas repasarán a traxectoria da poetisa ribadense
Presentación de los programas en el centenario del nacimiento de Luz Pozo. EUROPA PRESS
photo_camera Presentación dos programas no centenario do nacemento de Luz Pozo. EUROPA PRESS

A programación para a celebración do centenario do nacemento da escritora Luz Pozo Garza inclúe sete actividades que buscan conmemorar a súa traxectoria vital e literaria.

Na presentación do programa estiveron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación interviñeron o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora da organización Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; a subdirectora xeral de Arquivos e Museos, Mª do Carmen Calviño e a secretaria da Real Academia Galega, Margarita Ledo Andión.

Así mesmo, tamén participaron tres membros do comité científico constituído para a xestión da conmemoración: a académica Olivia Rodríguez, o editor e fillo da autora, Gonzalo Vázquez Pozo, e a directora do comité, Carmen Blanco.

A programación virará ao redor da exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), Poesía, Arte e Vida, que contará con pezas doadas á Biblioteca e Arquivo de Galicia pola propia autora, ademais de achegas doutros arquivos e de persoas próximas a Pozo Garza. Está comisariada por Olivia Rodríguez e inaugurarase o próximo 9 de xuño.

En relación con esta actividade, Calviño indicou que se prevé a dixitalización da mostra e a súa recompilación nun catálogo que documentará o resultado da exposición e publicarase en xullo deste ano como parte das actividades da conmemoración.

Por outra banda, tamén se realizará a proxección do documental Na procura da Luz de Rosa Taboada, unha longametraxe baseada na vida e obra de Pozo Garza e que incorpora declaracións de persoas próximas á autora.

LITERATURA E MÚSICA. Outra das actividades que inclúe a programación da celebración do centenario da autora é o concerto musical e literario 'Sol de Medianoite'. Esta homenaxe musical terá lugar O 21 de xullo no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura cun elenco de cordas vinculado á Orquestra Sinfónica de Galicia.

O programa do concerto inclúe as obras do compositor Gabriel Bussi Bagatella Nº2 para quinteto de corda e Sol de Medianoite, esta última inspirada no libro homónimo de Pozo Garza e que inclúe doce pezas para mezzosoprano e orquestra de corda con lectura de extractos do texto orixinal. 

Segundo comunicou o secretario xeral de cultura, a capacidade das actividades será ilimitada e non se prevé reserva de entradas. A programación cultural e iniciativas da conmemoración do centenario poderanse consultar a través do dominio www.cultura.gal 

Comentarios