Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

Cando Kiss se converte en arte e cando só é unha canallada

A obra de BJ e a macarrada da catedral de Santiago. LUíS POLO
A obra de BJ e a macarrada da catedral de Santiago. LUíS POLO

A obra de BJ decora unha das paredes das Meninas de Canido

Kiss volve ser protagonista nunha fachada galega, aínda que agora de forma positiva. Se hai unhas semanas aparecía unha pintada con motivos da banda estadounidense nunha escultura da catedral de Santiago, agora é en Ferrol onde se pode ver unha obra dedicada a este mítico grupo de hard rock.

O seu autor é BJ e a composición forma parte das Meninas de Canido, o evento de cultura urbana que acolle Ferrol estes días.

É unha obra decorativa e vistosa no marco da iniciativa que, desde 2008 e tomando As Meninas de Velázquez como referencia, pretende dar lustre ás parades do deteriorado barrio departamental.

Cando Kiss se converte en arte e cando só é unha canallada
Comentarios