A película Campeones, dirixida por Javier Fesser e protagonizada polo actor ferrolán Javier Gutiérrez, foi elixida pola Academia de Cine para representar a España na próxima edición dos premios Óscar, o número 91, na categoría de mellor filme de fala non inglesa.
O actor Daniel Grao foi o encargado de anunciar o título nun acto celebrado este xoves na sede da Academia de Cine, acompañado polo presidente da institución, Mariano Barroso, e unha notaria.
Campeones, a cinta española máis taquilleira do ano, impúxose ás outras dúas preseleccionadas: Handia, de Jon Garaño e Aitor Arregi, e Todos lo saben, de Asghar Farhadi.