domingo. 13.10.2019 |
El tiempo
domingo. 13.10.2019
El tiempo

Camiño Escena Norte fai de Lugo o epicentro teatral

Público lucense en el auditorio Gustavo Freire. XESÚS PONTE
Público lucense en el auditorio Gustavo Freire. XESÚS PONTE
Ribadeo, Lugo, Mondoñedo e Vilalba serán os escenarios das representacións escénicas

O teatro viaxará polo Camiño Escena Norte, unha iniciativa de intercambio promovida polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, que traerá varios espectáculos a Lugo, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba, entre outros lugares. Todas as actividades serán de libre acceso. 

As funcións comezarán o vindeiro 22 de setembro e seguirán o Camiño Norte ata chegar a Santiago. A inauguración será ese día en Ribadeo, coa representación de Bojiganga de Teatro del Cuervo ás 22.00 horas no auditorio. A mesma compañía teatral recalará en Mondoñedo o 28 setembro na Praza da Catedral ás 20.00 horas. 

A seguinte parada será o 3 outubro en Lugo coa obra Como ceniza blanca sobre una hoguera de La Tejedora de Sueños no auditorio Gustavo Freire ás 20.00 horas. 

O 5 outubro será o turno do público infantil e familiar para ver El viaje de Ulises de Teatro Gorakada no auditorio Carmen Estévez de Vilalba ás 18.30 horas. 

Xa na antesala de Santiago, o 6 outubro chegará La novia del Viento de Ábrego Producciones á Capela da Madalena de Arzúa ás 20.00 horas. 

A primeira sesión en Santiago será o 11 outubro, co espectáculo Como ceniza blanca sobre una hoguera de La Tejedora de Sueños no Salón Teatro ás 20.30 horas. Ao día seguinte, o escenario será o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e a obra será Beatus, visiones del Apocalipsis de Espacio Espiral. Para rematar o Camiño Escena Norte, a Praza da Quintana acollerá a representación de Sagartu

Mentras tanto, Baobab Teatro, A Panadaría e Contraproducións amosarán as súas obras en Euskadi, Asturias e Cantabrias.

Camiño Escena Norte fai de Lugo o epicentro teatral
Comentarios