Bustamante presenta esta fin de semana en Galicia 'Amor de los dos'

Ofrecerá senllos concertos na cidade olívica (Auditorio Mar de Vigo, o venres ás 21. horas) e A Coruña (Palacio de Opéraa, o sábado ás 21. horas)
David Bustamante
photo_camera David Bustamante

O cantante David Bustamante chegará esta fin de semana a Galicia para presentar o seu último traballo, Amor de los dos, en senllos concertos na cidade olívica (Auditorio Mar de Vigo, o venres ás 21.00 horas) e A Coruña (Palacio de la Opera, o sábado ás 21.00 horas). O artista cántabro, con nove discos no seu haber e 14 anos de traxectoria profesional, presentará aos seus seguidores as súas particulares versións de catorce temas clásicos da música mexicana, entre eles Bésame mucho, Como yo te amo ou Amor de los dos. Bustamante, que se deu a coñecer a través do talent show televisivo Operación Triunfo, recibiu 15 discos de platino ao longo da súa carreira, con máis dun millón de copias vendidas.

As localidades para os concertos de Vigo e A Coruña están á venda en www.ataquilla.com, na central de espectáculos da cidade olívica, na sede de Afundación, no despacho de billetes da Praza de Ourense da Coruña; e en www.caveaproducciones.com, desde 25 euros máis gastos de xestión. Tamén poderán adquirirse as entradas o mesmo día do concerto nos despachos de billetes dos recintos onde se celebran. Para Vigo, xa se vendeu o 55 por cento do aforamento, mentres que na Coruña están vendidas o 70 por cento das localidades.

Comentarios