O auditorio foi unha marea viva

Carlos Blanco e Touriñán volveron encher en Lugo co seu espectáculo Unha noite na praia

Cartel de Unha noite na praia, con Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán
photo_camera Cartel de Unha noite na praia, con Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volveron facelo. Enchen o Gustavo Freire con cada espectáculo que montan.

Por xunto ou por separado. Os actores e cómicos lográrono por enésima vez con Unha noite na praia, o primeiro texto teatral que comparten.

En Unha noite na praia, Carlos Blanco é Klaus, un sueco que se aposenta nun chiringuito veraniego impedindo que Manolo, o camareiro, poida marchar para a casa. O cliente non ten présa ningunha, ao contrario que o camareiro, Manuel, ao que se lle empezan a derrubar as pálpebras e non sabe como liberarse dun cliente que se eterniza na hamaca.

Entre que o cliente se resiste a marchar e o barman insite en que regrese, prenden a falar nunha conversa que se alonga tanto que acaban por confesarse medos, soños e inseguridades deses que logo conducen a arrepentirse de telos exteriorizado.

A obra é unha comedia, que escribiu e dirixe Javier Veiga, parte dun suposto encontro casual entre Klaus e Manolo que acaba por ser menos aleatorio do que se presenta ao principio.

Comentarios