Arrinca o programa Buxiganga, que terá máis de cen actuacións

A Deputación financia con 70.000 euros a súa décima edición, con 400 actores participantes

Un momento de la presentación del programa. EP
photo_camera Un momento da presentación do programa. EP

A décima edición do programa de teatro afeccionado Buxiganga, organizado pola Deputación de Lugo, arrinca este sábado e contará con máis dun centenar de actuacións en 50 concellos da provincia ata o mes de novembro.

Máis de 400 actores participarán nesta iniciativa que ten como obxectivo promocionar o teatro afeccionado e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios lucenses, especialmente os do medio rural.

A deputada de cultura do organismo provincial, Pilar García Porto, presentou onte na Praza de San Marcos o conxunto de actuacións e destacou que "tratar dunha iniciativa posta en marcha para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando ademais a coñecer a actuación de colectivos teatrais lucenses".

Buxiganga está dirixido a concellos e asociacións sen ánimo de lucro, que solicitan a celebración dos actos, e as agrupacións teatrais son as que representan as obras.

Así, os municipios contarán con entre unha ou cinco representacións de teatro durante os catro meses que dura o programa.

AGRUPCIONES. Entre as agrupacións que participan este ano están o grupo Trípode (de Alfoz), o grupo teatral da biblioteca municipal de Antas, A Rabela Teatro (Baralla), o colectivo Ollomao (Barreiros), O Torques (Burela), Os Baluros e Os Trocos (Castro de Rei), A Mariña, Ardora e O Bordelo (Cervo), Argalleiras Teatro, Centro Teatral Faro-Miño e Sacarina (Chantada), A Adala, Axóuxeres, O Batán, O Centiño e pico do Castro (Foz), Sopapo de Millo (Guiritiz) e Achádego Teatro, Curuxán, Grupo de Teatro Down, Hipócrita Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Os Pinchacarneiros, Teatro Loito Hospital Xeral-Calde e Ti e máis Eu (Lugo).

Tamén actuarán o Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino e Teatreir@s (Monforte), a agrupación A Peneda e Falcatrueiros (Monterroso), Alentía Teatro e Metátese Teatro (Palas de Rei), Unidade do Zono (Pol), Lume Escénico (A Pontenova), grupo de teatro Augas do Sil (Ribas de Sil) e Rebuldeira Teatro (Sarria). En 2017 inscribíronse 35 grupos de teatro e houbo 64 entidades solicitantes.

Comentarios