Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Antonio Orozco anuncia catro concertos en Galicia

Antonio Orozco. AEP
Antonio Orozco. AEP

O cantante estará o próximo mes de maio en Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense

O cantante catalán Antonio Orozco anunciou catro datas no próximo mes de maio para concertos en Galicia, nas que actuará en Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña.

O artista, habitual xurado do concurso televisivo La Voz, ofrecerá catro concertos en catro días consecutivos, entre o 9 e o 12 de maio. Deste xeito, o xoves estará no Teatro Colón da Coruña, o venres será a quenda para o no Teatro Afundación de Vigo; o sábado será acollido en Santiago polo Auditorio de Galicia e o domingo pechará o seu tour galaico no Auditorio Municipal de Ourense.

Antonio Orozco anuncia catro concertos en Galicia
Comentarios