miércoles. 17.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 17.07.2019
El tiempo

Reixa reivindica o papel do audiovisual na "estandarización" do galego

O polifacético artista Antón Reixa. XOÁN REY
O polifacético artista Antón Reixa. XOÁN REY

Destacou que o seu sector axudou ao "prestixio social" e a "estandarización" da lingua galega

O polifacético artista Antón Reixa lembrou este martes o importante papel que tivo o sector e a produción audiovisual nos avances do idioma, tanto no que ten que ver co seu "prestixio social" como na "estandarización" da lingua galega. 

Reixa participou este martes nos 'Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia', organizados pola RAG e o ILGA, precisamente cando neste 2019 cúmprense 30 anos da estrea das primeiras longametraxes comerciais de produción galega. 

O creador abordou este tema na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, onde destacou ao edificio situado ante a Praza de Mazarelos como testemuña dos sucesivos avances do idioma. Reixa lembrou os seus anos de estudante previos á morte de Franco, e as asembleas de alumnado que alí se celebraban, nas que se debatía ata o idioma do encontro, posto que aínda "o galego non se daba incorporado por completo a ese proceso de rebeldía".

Este ano cúmprense 30 anos da estrea das primeiras longametraxes comerciais de produción galega

Os momentos previos ao debate da normativa oficial ou a materia de Lingua galega en selectividade, son algúns dos fitos que testemuñou o inmoble, e Reixa destacou que a televisión tivo unha gran contribución no proceso de normalización do idioma, como as desconexións informativas que realizaba TVE a finais dos anos 70

A televisión, unha aliada na normalización da lingua de Breogán

A pesar diso, o impulso definitivo foi o impulso da TVG a programación realizada en lingua galega, destacando que grazas a series como Dallas ou Dragon Ball logrouse unha "aceptación de que o galego é unha lingua apta para as ficcións televisivas". "Deberían dedicarlle un Día das Letras Galegas a Son Goku, foi un gran elemento normalizador". 

Reixa reivindica o papel do audiovisual na "estandarización" do galego
Comentarios