Lugo acolle unha exposición pictórica sobre Castelao

A mostra 'Castelao grafista (facsímile)' poderá verse ata o 31 de xaneiro
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Presentación de la exposición 'Castelao grafista'. EP

Afundación, a obra social de Abanca, acolleu este venres no sede de Lugo a presentación da exposición Castelao grafista (facsímile), desenvolvida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia.

A exposición, comisariada por Miguel Fernández-Cid e con pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación, componse dunha selección rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.

Generated by  IJG JPEG LibraryAppleMark

A mostra permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro na Sala de Exposicións de Abanca en Lugo e poderase visitar de luns a sábado de 17.30 a 20.30 horas.

No acto estiveron Teresa Saiz, directora da Fundación Gonzalo Torrente Ballester; Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo; e Marité Cores, coordinadora do Área de Cultura de Afundación.

Comentarios