Adrián Canoura presenta unha investigación sobre o home e o trono en Cans

O director burelense participará con 'Caerán lóstregos do ceo' nun apartado de documentais de experimentación que se verán en maio

Fotograma de 'Caerán lóstregos do ceo', del burelés Adrián Canoura. FESTIVAL DE CANS
photo_camera Fotograma de 'Caerán lóstregos do ceo', do burelense Adrián Canoura. FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans seleccionou nove curtametraxes que exploran variantes do documental e do cine experimental para proxectalos o día 25 de maio no marco da competición de non-ficción FuraCans. Entre as seleccionadas figura 'Caerán lóstregos do ceo' (2018) de Adrián Canoura.

Neste traballo, o director burelense conta que, para a sociedade tradicional -esencialmente para a rural- o trono é un dos peores males. "Atribúeselle ao Maligno e asóciase co demo. Mística e natureza. Un fenómeno que cabalga entre mito e realidade. O abstracto, o intanxible, o incomprensible. O que xa é previamente e somos incapaces de definir por alusivo. Existe ou non existe?", indica.

Canoura sinala que a súa peza está inspirada nos traballos de Vicente "Risco sobre o paso do paganismo ao cristianismo, mostrando as causas". Para realizalo desenvolveu unha investigación en bibliotecas, á que engadiu "poemas de Rosalía relacionados co tema".

Os lugares de rodaxe foron "os montes de Viveiro e Burela, e o lugar de Vilelos no Saviñao, entre outros". O seu interese por este tema procede de que me interesa a relación do home co medio", que ten a súa orixe en que se criou "entre a terra e o mar".

'Caerán lóstregos do ceo' proxectouse no festival internacional de cine Filmadrid, onde obtivo os premios a mellor película de vangardas e o Camira, e no certame de curtametraxes portugués de Vila do Conde.

ENTRADAS. As entradas para FuraCans están dispoñibles desde este martes a un prezo de 6 euros na páxina web do festival. O aforamento será limitado, xa que só poderán asistir 180 persoas ao pase matinal e 90 ao de tarde.

En concreto, proxectarase 'Hora silenciosa', de Noelia Muíño; así como a obra de Brandán Cerviño 'Na boca da mina', gravada na antiga cidade mineira de El Cobre, en Cuba. Tamén se presentarán '16-11-2016/13-5-2017', de Marta Valverde, e 'Devalar', no que Mar García retrata a súa aldea. 'Cando mamá pechou as caixas' de Arancha Brandón.

Ademais, 'Palmira' de Rebeca Lar; mentres que 'In touch with the infinite', de Alejandra Pombo. FuraCans tamén proxectará dúas pezas experimentais en canto ás imaxes e os sons, a de Adrián Canoura e 'Como desaparecer', de Carlos Martínez Peñalvar.

Un personaxe saído de Doghs' ‘
O meirego Andrés Goteira falará de 'La pequeña desviación' o día 24 de maio en ‘A que andas?', un encontro con cineastas organizado polo Festival de Cans. Nesta obra profunda na historia dun personaxe de Dhogs. ‘Será ás 13.00 horas no Baixo de Moncho.

Toucedo
Diana Toucedo adiantará contidos da súa adaptación da obra 'A leituga' e Álvaro Gago da súa primeira longametraxe, 'Algo parecido á felicidade'.

Comentarios