Achádego rodéase en Lugo de actores de luxo para celebrar os seus 30 anos

As actividades comezan este sábado e rematan o 10 de decembro, día do aniversario ►María Vázquez, Javier Gutiérrez, Juan Mayorga ou Melania Cruz, entre os invitados

La actriz María Vázquez.AEP
photo_camera La actriz María Vázquez.AEP

LUGO. Achádego Teatro cumprirá 30 anos o 10 de decembro polo que citarán en Lugo a especialistas en dirección, xestión, formación, dramaturxia e actuación de todo o panorama español nas xornadas "Experiencias teatrais". Por elas pasarán ao longo do ano profesonais de recoñecido prestixio de Javier Gutiérrez, María Vázquez, Juan Mayorga ou Melania Cruz.

As xornadas arrancarán o vindeiro sábado, 12 de maio, co primeiro encontro de actores e actrices de teatro amador da provincia. Participarán unha vintena de grupos na recepción que a Deputació ofrece no décimo aniversario da posta en funcionamento do programa Buxiganga.

Mentres, ás seis e media da tarde, o grupo Microefectos Dramatúrxicos ofrecerá dúas pezas de microteatro no salón de actos do Pazo de San Marcos. Ás 19.30 horas, será a hora do director da Esad Manuel Vieites, quen impartirá unha sobre formación teatral en Galicia.

O domingo continuarán as actividades cunha mesa redonda con dúas actrices lucenses: Melania Castro e María Vázquez, que falarán dende a súa experiencia persoal sobre a situación da muller no teatro.

O luns día 14 de maio a conferencia correrá a cargo de Enrique Salaberria, xerente de Xmedia. Falará sobre a xestión teatral como feito fundamental para o crecemento artístico das ciudades.

Os actos desta fin de semana serán o aperitivo dun programa que se retomará en novembro. Na segunda quenda será o turno den Natalia Simó, directora de Teatros del Canal, que falará sobre a vangarda no teatro, e Jesús Cimarro, director do Festival de Teatro Clásico de Mérida e xestor de Pentación Teatro. Este también departirá sobre a importancia dos festivales de teatro para fortalecer a asistencia de público ás salas.

A formación de Achádego Teatro, pola que pasaron 50 actores e actrices ten como obxectivo difundir a lingua galega na dramaturxia

Asemade, este plantel de luxo completarase coa presencia dun dos dramaturgos máis destacados da escena española, Juan Mayorga, e tamén co ferrolano Javier Gutiérrez, o actor do momento polo seu papel en "Campeones", a película española máis taquilleira do ano.

Así ata chegar ao 10 de decembro, data fundacional de Achádego Teatro. Ese día será o día culmen das celebracións no auditorio Gustavo Freire cunha mostra do que significa o teatro para unha cidade coma Lugo.

Nestes trinta anos pasaron por Achádego uns cincuenta actores e actrices. A súa filosofía está en ser partícipe da vida cultural da cidade e colaborar coas accións e culturais que se están a organizar.

Hoxe en día traballan unhas 15 persoas, que tamén contan con colaboracións esporádicas e encontros con outras agrupacións para realizar proxectos en común.

Unha das súas fundadoras e auténtico emblema do teatro amador en Lugo, Tareixa Campo, é a actual presidenta da asociación mentres Antón Sampaio, tamén fundador do grupo, é o director da agrupación teatral.

Entre os seus obxectivos está difundir a lingua galega e conformar obras propias coas que percorrer a comunidade galega. Achádego Teatro foi o lugar en donde xermolaron outros actores e actrices que hoxe en día conforman diferentes grupos ou se adican profesionalmente as artes escénicas.

Comentarios