O 17º Ribeira Sacra Festival, un sobrevivente á Covid-19

Nun verán no que se suceden as cancelacións dos eventos musicais, esta comarca ten a partir do venres unha cita coa mellor música acompañada de viño e cociña de autor 
Ribeira Sacra Festival 2019. CEDIDA
photo_camera Unha das actuacións do 17º Ribeira Sacra Festival de 2019. CEDIDA

Galicia, a terra dos máis de 400 festivais, experimenta este ano o seu verán máis silencioso. Incluso os festivais máis importantes de Galicia se viron na obriga de cancelar a súa edición estival ou de pospoñela para outras datas. É o caso do Resurrection Fest de Viveiro que, malia que nun comezo se mostraba decidido a manter en pé o encontro, finalmente anunciou o seu aprazamento para xuño de 2021. Tamén suspendido quedou o festival Revenidas de Vilagarcía —relegado a setembro do próximo ano— e mesmo O Son do Camiño, o festival máis grande do momento en Galicia e que incluía no seu cartel a artistas internacionais de gran renome, se viu na obriga de cancelar. 

Con todo, algúns dos nosos festivais conseguiron reinventarse en tempo récord e adaptarse á nova normalidade para brindarnos esas citas musicais ás que tan acostumados estamos os galegos e as galegas. É o caso do 17º Ribeira Sacra Festival, que segue en pé para, a partir deste venres, brindarlle aos seus asistentes a mellor música acompañada de viño e cociña de autor. 

viñoEste festival nace en 2017 coa idea de promocionar a Ribeira Sacra, que é para a organización un “territorio con moitas oportunidades e moi pouco coñecido, mesmo no ámbito galego”. O 17º parte dun punto común cos demais festivais, pois ten a música como leitmotiv, pero desde aí desenvolve un proxecto único. Trátase dun festival itinerante que deseña o seu programa en base a 4 ámbitos: música, viño, gastronomía e patrimonio. A edición deste ano está centrada fundamentalmente nos concellos de Sober e Chantada.

"Hai que saber equilibrar a importancia e ser conscientes de que estamos nunha situación sanitaria moi grave, pero a partir de aí interpretar tamén que a cultura debe seguir o seu camiño e non debe parar"

O evento ofrece non só concertos de artistas como Xoel López, Guadi Galego, Cassete Pirata e Best Boy, senón que os seus asistentes tamén poderán disfrutar dunha cata de viños, das vistas que ofrece o mirador Santiorxo, dunha viaxe en catamarán ou da comida do cociñeiro Álvaro Villasante, dono do restaurante Paprica en Lugo. 

Pese a todo, Carlos Montilla, director do festival, confesa que o máis difícil na organización desta edición foi a a implantación das medidas e o seguimento dos protocolos en relación co Covid-19. “Hai que ser moi prudentes coa situación na que estamos, hai que saber equilibrar a importancia e ser conscientes de que estamos nunha situación sanitaria moi grave, pero a partir de aí interpretar tamén que a cultura debe seguir o seu camiño e non debe parar”.

A organización ten claro que o máis relevante desta edición é “a xente e o seu benestar”, polo que implantaron numerosas medidas para certificar a súa seguridade: uso obrigatorio de máscara, o respecto da distancia de seguridade, o mantemento dunha correcta hixiene das mans, respecto dos sentidos de circulación indicados…

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

⚠️ IMPORTANTE ❗ hoy nos vamos a poner un poco serios. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ La celebración de esta edición especial es responsabilidad de todos. 😷 Os hemos enviado una encuesta y solo unos pocos nos habéis devuelto el cuestionario respondido (al correo electrónico de la compra). 📝 Os pedimos de nuevo que reviséis vuestro correo electrónico y nos devolváis la información solicitada. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ 🔴 Os recordamos que el incumplimiento de las normas de seguridad del festival pueden conllevar la expulsión del recinto, en especial aquellas destinadas a la prevención de contagios. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ #UnFestivalSeguro

Una publicación compartida de 17° Ribeira Sacra Festival (@17ribeirasacra) el

Ademais, O 17º Ribeira Sacra Festival parte dunha situación de vantaxe con respecto a outros festivais, pois tivo desde un principio o obxectivo de evitar as masificacións e afastarse desa "economía de venda de moitos abonos". Malia isto, tivo que adaptarse rapidamente ás esixencias actuais, o que pasou por reducir considerablemente o aforo: “O ano pasado ao longo das catro xornadas pasaron por Ribeira Sacra máis de 3.000 persoas. Este ano limitamos o aforo total de todos os eventos a un máximo de 300”, afirma Montilla.

Tamén se viron reducidos os escenarios, pasando dos 11 da anterior edición a soamente catro escenarios e o catamarán este ano. E é que se viron na obriga de suprimir os escenarios de maior aforo, que estaban na área de Monforte, así como de cancelar as actividades gratuítas que ofertaran na anterior edición, pois todos os asistentes teñen que contar cunha entrada.

"O ano pasado ao longo das catro xornadas pasaron por Ribeira Sacra máis de 3.000 persoas. Este ano limitamos o aforo total de todos os eventos a un máximo de 300"

Así mesmo, o director do festival mantén que moito deste traballo a prol da seguridade o están baseando na prevención: “O que facemos é intentar prever esta situación con moita información ao público que vén, coñecer a súa asistencia, coñecer se estivo en sitios de risco, coñecer se estivo con xente que puido ter dado positivo…”, traballo que están a facer a través dunhas enquisas que envían aos asistentes.

A organización móstrase positiva de cara ao desenvolvemento do festival sen ningunha anomalía, posto que confía na responsabilidade persoal do seu público: “Estamos tranquilos porque sabemos que o público do noso festival é un público moi concienciado tamén”.

OUTROS FESTIVAIS. Porén, este non é o única cita musical da que poderemos disfrutar este verán.  Como o 17º Ribeira Sacra Festival, hai outros festivais que decidiron plantar cara á pandemia e facer unha aposta pola cultura

Un caso singular é o do OurenRock, que anunciara a súa cancelación o pasado mes de maio e que finalmente será celebrado o 23 de agosto cun cartel encabezado por Xoel López e Sés.

Tamén o TerraCeo de Vigo ofrece desde o 3 de xullo e ata o 29 de agosto concertos íntimos de diversos artistas españois. Este festival está a ter moi boa acollida, posto que a moitos dos concertos restantes agotaron xa os abonos para as 400 sillas que se ofertan (Coque Malla, Love of Lesbian, Carlos Sadness...). Seguindo con Vigo, os días 5 e 6 de setembro terá lugar o The Wild Fest, autonomeado o evento multidisciplinar sostible máis salvaxe de Vigo. Música, deporte, empresas, educación, arte e os máis cativos serán os alicerces que sustenten este evento.

Ademais, poderemos despedir o verán en Baiona da man do Barbeira Sea Son Fest, que ocupará a praia de Barbeira o 19 de setembro. Nesta cita poderemos disfrutar de artistas como Ortiga, Lisasinson, La La Love You e Ginebras, entre outros.

Todos as organizacións son claras coas medidas anti Covid-19: uso obrigatorio de máscara en todos os eventos, disposición de xel hidroacólico (uso obrigatorio), respecto da distancia de seguridade...

Xa na provincia de Lugo, o Festival Bal y Gay (Foz) e o Festival de Pardiñas (Guitiriz) resisten tamén á pandemia. O de Foz, de música clásica, celebrarase do 12 ao 24 de agosto, mentres que o de Pardiñas, de música tradicional, terá lugar este mesmo sábado. Na propia cidade de Lugo terá lugar o Fa Ce La Fest, cuxa celebración estaba prevista para maio e fora xa cancelada pola pandemia. Agora o festival celebrarase do 27 ao 29 de agosto e reunirá un particular compendio de grupos locais, bandas emerxentes e formacións xa consagradas.

Todos as organizacións dos distintos eventos son claras coas medidas anti Covid-19: uso obrigatorio de máscara en todos os eventos, disposición de xel hidroacólico (uso obrigatorio), respecto da distancia de seguridade,  asignación de cadeiras...

NOVAS MODALIDADES. Moitos dos festivais que anunciaron a súa cancelación non quixeron deixar aos seus seguidores sen un encontro, polo que optaron por levar a cabo outras modalidades.  Un exemplo é o Resurrection Fest Online, que ofrecerá o 28 e 29 de agosto concertos en directo vía streaming, actuacións inéditas doutros anos, entrevistas a artistas....

Outros festivais, como o SonRías Baixas, optaron por crear unha nova versión do festival. Tras a cancelación da súa edición 2020, o SonRías creou o MicroSonRíasBaixas para ofrecer aos seus seguidores dous concertos íntimos da man de dous artistas que ían ocupar os seus escenarios inicialmente: Arco e Rayden. A organización mantén que serán “dous concertos únicos e moi especiais  con aforo limitado” e terán lugar entre este xoves e este sábado.

Algo similar argallou o Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, o Atlantic en butaca, que ofreceu este mesmo mércores un concerto de León Benavente no Auditorio de Galicia.

 

DATOS ECONÓMICOS
A pandemia afectou aos festivais cando se atopaban en pleno boom. Estes eventos convertéronse ao longo dos últimos anos nun dos grandes reclamos turísticos do verán e dunha fonte de ingresos en auxe.

Estas cancelacións tradúcense en destrución non só das ganancias agardadas (festivais como o Resurrection Fest acadaban os 9 millóns de beneficios), senón tamén de empregos, pois estes encontros chegan a crear ata 2.000 postos de traballo.

Comentarios