A Xunta porá novos valos contra o xabaril na AG-64 e o corredor Nadela-Monforte

Ethel Vázquez incidiu na necesidade de que o Goberno de España aborde o problema do xabaril de forma conxunta e integral, para poder impulsar medidas coordinadas nas comunidades afectadas

Los jabalíes son causa de numerosos accidentes en todo el país. AEP
photo_camera Os xabarís son causa de numerosos accidentes en toda a provincia. AEP

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este mércores a contratación nas próximas semanas da redacción do proxecto construtivo para a instalación de valos reforzados en dous treitos concretos para diminuír o número de accidentes de tráfico provocados por xabarís.

En resposta a unha pregunta parlamentaria do grupo socialista na que Pérez Seco lamentou a falta de medidas para evitar este tipo de accidentes, a conselleira avanzou a intención de construír o novo sistema de valos na Vía de Alta Prestación Nadela-Monforte e na AG- 64, a autovía Ferrol-Vilalba.

Destacou que se trata dunha medida que vai permitir realizar unha instalación de dimensións importantes para comprobar e avaliar a súa efectividade fronte ao xabaril en Galicia.

Así as cousas,Vázquez subliñou a necesidade de que o Goberno de España aborde o problema do xabaril de forma conxunta e integral, que propoña solucións, para poder impulsar medidas coordinadas nas comunidades afectadas.

De feito, incidiu, en Galicia son máis os accidentes que se dan por este motivo nas estradas de titularidade estatal que as que os que se producen en estradas autonómicas. Afirmación coa que, dixo, "non estamos a botar balóns fóra" porque "todos os accidentes son importantes". 

Comentarios