A Xunta inviste 214.000 euros en doce establecementos turísticos de Lugo

A maior parte das axudas destinarase á mellora de hoteis
José Manuel Balseiro. J.VÁZQUEZ
photo_camera José Manuel Balseiro. J.VÁZQUEZ

A Consellería de Cultura e Turismo resolveu unha liña de axudas dirixidas a entidades privadas para realizar actuacións de mellora de infraestruturas en doce establecementos turísticos de aloxamento na provincia de Lugo, que suman un investimento próximo aos 214.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, detallou este mércores que esta orde de axudas beneficiará a negocios repartidos por distintos puntos da provincia. En concreto, os establecementos están situados na Mariña —tres en Ribadeo—; Ribeira Sacra —dous en Folgoso do Courel e un en Pantón, Taboada e Monforte de Lemos—; A Terra Chá —dous en Vilalba—, un en Sarria e outro na capital lucense.

A maior parte das axudas, un 41%, destinarase á mellora de hoteis, aínda que tamén se inclúen casas de turismo rural, pensións e apartamentos turísticos.

Comentarios