Xunta impulsa con medio millón euros a internacionalización de 24 empresas de Lugo

Alguhas das pemes beneficiadas teñen o seu domicilio en Chantada, Vilaba e Ribadeo

José Manuel Balseiro. J.VÁZQUEZ
photo_camera José Manuel Balseiro. J.VÁZQUEZ

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, confirmou que o goberno galego acaba de darlle luz verde ao investimento de 526.000 euros para impulsar procesos de internacionalización en 24 pequenas e medianas empresas da provincia de Lugo.

Recordou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende facilitar con este programa "as accións de promoción exterior, difusión ou prospección de mercados, para mellorar o posicionamento das empresas de Lugo no estranxeiro".

Asegurou, ademais que as pemes lucenses están "a realizar un importante esforzo nese sentido e se a Xunta colabora para facer que ese reto lles sexa máis fácil", iso "redundará en máis riqueza e emprego para Lugo".

Ademais, o delegado recordou que a asignación deste ano supón "un importante avance" en relación co pasado exercicio, dado que a contía das axudas aumenta nun 26%.

As pemes que se benefician desta liña de axudas teñen o seu domicilio social en Monforte de Lemos, Cervo, Castro de Rei, Sarria, A Fonsagrada, Pobra de Brollón, A Pontenova, Ribadeo, Cospeito, Vilalba, Becerreá e Chantada.

Comentarios