A Xunta destinará máis de 300.000 euros a arranxar estradas danadas polos temporais

Entre as obras figuran vías en Baralla, Láncara, Sarria, Becerreá e Navia de Suarna
Feijóo, en el Consello. PEPE FERRÍN
photo_camera Estrada que une Láncara e A Pobra de San Xiao. EP

A Xunta de Galicia destinará máis de 300.000 euros ao arranxo da rede viaria danada polos últimos temporais, especialmente por mor da choiva, en varios concellos lucenses. 

O Consello deu luz verde á declaración de urxencia de varias obras, entre elas a da estrada que comunica A Pobra de San Xiao con Baralla e a que vai de Sarria a Láncara, por un importe de 105.000 euros e un prazo de execución de oito semanas. A esta actuación sumar outra de urxencia para reparar a estrada de sBecerreá a Navia de Suarna, por 220.000 euros e un prazo de 12 semanas para terminar a obra.

Comentarios