A Xunta entrega material a Protección Civil de catro concellos lucenses

Trátase dunhas tendas de campaña para as agrupacións de Vilalba, Chantada, Mondoñedo e Monforte
20191217DXEIEntregaTendasLugo2
photo_camera Acto de entrega do material, este martes en Lugo. EP

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizaron este martes a entrega de catro tendas de campaña de atención ás urxencias aos concellos de Vilalba, Chantada, Mondoñedo e Monforte de Lemos.

Estas tendas están destinadas á atención de urxencias por parte das agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Son de fácil transporte e lixeiras, ademais de resultar sinxelas de montar e desmotar. Ademais, contan cunha estrutura interior que permite a instalación de focos tipo led, xunto con catro tomas de corrente.

A entrega deste material forma parte do compromiso da Xunta para continuar dotando de material e equipamento tanto ás agrupacións de Protección Civil como aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), co obxectivo de mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención e atención das urxencias.

Desde o ano 2015, a Xunta leva investidos máis de 12 millóns de euros en dotar ás distintas agrupacións cos adecuados medios materiais.

Comentarios