Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

A Xunta destina 5,5 millóns a 20 talleres de emprego en 50 concellos

José Manuel Balseiro, durante a presentación do programa. EP
José Manuel Balseiro, durante a presentación do programa. EP

A posta en marcha destes obradoiros permitirá a contratación de case medio milleiro de persoas na provincia de Lugo. Os beneficiarios recibirán formación teórica e práctica

LUGO. A Xunta de Galicia financiará con 5,5 millóns de euros a posta en marcha dunha vintena de talleres de emprego en 50 concellos da provincia de Lugo. Así o avanzou o xoves o delegado territorial do Goberno galego, José Manuel Balseiro, quen sinalou que nesta convocatoria atendéronse todas as solicitudes formuladas polos municipios e a cantidade consignada supera nun 37% á orzada o ano anterior.

A posta en marcha destes "obradoiros" permitirá a contratación de case 500 persoas, incluíndo os 392 alumnos traballadores, ademais do persoal de dirección, monitores e persoal administrativo. A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina formación co desenvolvemento dun traballo efectivo. Os usuarios beneficiarios terán á súa disposición un contrato de traballo e recibirán un salario durante a súa participación nestas actividades.

Un total de18 talleres ofertaranse na modalidade dual. Esta variante consiste en combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato doutros tres meses nunha empresa do mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ao curso. Os outros dous restantes, que se impartirán en Lugo e Ribadeo, están dirixidos a menores de 30 anos e forman parte do programa de Emprego Xuvenil.

POR COMARCAS. No caso da Chaira, a Xunta financiará catro talleres que beneficiarán a once concellos. Destinaranse 1,1 millóns de euros que permitirán a contratación de 69 persoas.

á zona sur da provincia, a Administración autonómica destinará 1,4 millóns para cinco accións formativas. O programa permitirá a contratación de 120 persoas de 14 concellos nas comarcas de Lemos, Quiroga, A Ulloa e Chantada. Un centenar serán alumnos e a vintena restante será a formada por persoal de dirección, monitores ou persoal administrativo.

O goberno galego atendeu este ano ao 100% das solicitudes formuladas por municipios lucenses

Na Mariña 14 municipios percibirán 1,3 millóns de euros que permitirán a contratación de 140 persoas.Destes últimos, 116 serán alumnos e 24 persoal de dirección, monitores e persoal administrativo.

Balseiro tamén fixo balance dos diferentes programas impartidos pola Consellería de Economía en apoio á empleabilidad e sinalou que permitireron a contratación de case un milleiro de lucenses. «Con lestes programas conseguimos tres obxectivos: facilitar o emprego, a prestación de servizos de interese xeral e socia e o impulso da colaboración institucional entre a Xunta e as entidades locais», destacou.

A Xunta destina 5,5 millóns a 20 talleres de emprego en 50 concellos
Comentarios