A Xunta apoiou con 42 millóns de euros en 2018 a máis de 900 empresas de Lugo

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou o apoio ás compañías vinculadas ao sector agrogandeiro e ao do mar

A Xunta de Galicia apoiou no último ano cun investimento de 42 millóns de euros, distribuídos a través de diferentes programas e liñas de axudas, a un total de 909 empresas fincadas na provincia de Lugo.

Confirmouno esta mañá en rolda de prensa o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, quen tamén quixo destacar o efecto multiplicador desas axudas públicas, dado que foron capaces de mobilizar en 2018 un total de 140 millóns de euros en investimentos.

As empresas vinculadas ao sector agrogandeiro acapararon boa parte desas axudas, dado que a Consellería de Medio Rural repartiu 34,4 millóns de euros entre 562 sociedades fincadas en Lugo, que comprometeron investimentos por importe de 110.5 millóns de euros.

Balseiro tamén destacou os fondos destinados ao sector do mar, "outra das locomotoras económicas da provincia", que recibiu 2,5 millóns de euros en axudas para 17 empresas, que investiron 15,5 millóns. 

Comentarios