A Xunta apoia con máis de 450.000 euros o desenvolvemento de oito empresas

O Igape financiará a firmas instaladas en cinco municipios: Lugo, Sarria, Monforte de Lemos, Vilalba e Rábade

José Manuel Balseiro.
photo_camera José Manuel Balseiro. AEP

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), concedeu axudas directas por importe de 457.000 euros a oito empresas da provincia de Lugo.

Segundo explicou Balseiro, en declaracións aos medios de comunicación, esas axudas habilitadas pola Xunta de Galicia contribuíron ao desenvolvemento desas oito empresas, dado que permitiron o investimento dun total de 2 millóns de euros.

Entre outras axudas, o Igape financiou na última convocatoria, no caso das dirixidas fundamentalmente ás pemes, investimentos en obra civil e maquinaria, creación de novos establecementos e ampliación de instalacións.

No que se refire á presente convocatoria, xa resolta, Balseiro aclarou que a Xunta de Galicia concedeu axudas a empresas instaladas en cinco municipios lucenses: Lugo, Sarria, Monforte de Lemos, Vilalba e Rábade. 

Comentarios