A Xunta apoia en Lugo a dixitalización con 210.000 euros

Beneficiaranse desta subvención quince empresas da provincia lucense
Ordenador. EP
photo_camera Computador. EP

A Consellería de Economía, Empego e Industria apoia cun investimento de 210.800 euros os proxectos promovidos por 15 empresas da provincia lucense dentro do programa de axudas á dixitalización da industria 4.0.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estas axudas irán destinadas a proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual e servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa instalación.

O obxectivo primordial destas subvencións é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais para facilitar o seu financiamento, tecnoloxía e acceso aos servizos de apoios avanzados.

Entre outras, atópanse empresas de alimentación, construción e laboratorios

Deste xeito, a Xunta financiará os proxectos dixitais de empresas de alimentación, de construción e laboratorios, entre outras, ao 30% no caso das pequenas empresas e ao 20% para as medianas.

A segunda convocatoria destas axudas permanecerá aberta para a presentación de proxectos e recepción de solicitudes ata o 20 de setembro. Os usuarios interesados poderán obter máis información a través da web da Xunta ou nas oficinas do Igape.

AXENDA INDUSTRIA 4.0

Esta liña de apoios estará incluída no marco de desenvolvemento da Axenda Industria 4.0. O programa destinará 350 millóns de euros en catro anos co obxectivo de anticiparse aos cambios, aumentar o tamaño das empresas, favorecer o talento dixital e a reinvención da industria.

Así, o Goberno galego pretende crear 13.5000 traballos industriais para mellorar a competitividade do tecido empresarial.

Comentarios