lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo e Ourense

Un rayo ilumina el cielo durante una tormenta eléctrica. EP
Un raio ilumina o ceo durante unha tormenta eléctrica. EP
As zonas máis afectadas serán a montaña e o sur lucenses e a montaña ourensá

A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activou este martes pola mañá a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo e Ourense.

Esta decisión foi tomada en base á advertencia da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que avanza que este fenómeno meteorolóxico, que traerá choivas e vento localmente fortes e saraiba de gran tamaño nas zonas da montaña e o sur da provincia de Lugo e a montaña de Ourense.

“Para garantir a seguridade dos bens e as persoas, informamos aos concellos das provincias afectadas, así como a deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos”, apuntou o Goberno autonómico a través dun comunicado.

A Xunta de Galicia tamén recomenda consultar a páxina web do Centro de Atención ás Urxencias (CAE) 112 Galicia -www.112galicia.org-, que conta con información meteorolóxica actualizada e enlaces de interese.

A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas nas provincias de...
comentarios