sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

Alerta laranxa por tormentas na montaña e o sur da provincia

O resto de Lugo, excepto a Mariña, está en alerta amarela

A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Xunta activou este sábado unha alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo (montaña e sur) e Ourense (sur, montaña e Valdeorras). 

Segundo explica a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informou de que as tormentas poderán ir acompañadas de refachos moi fortes de vento.



Estará tamén activado un aviso amarelo por tormentas noutras zonas das provincias de Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña. Ademais haberá choivas que poden superar os 15 mm por hora.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Urxencias e Interior, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

Deste xeito, aconséllase adoptar as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Desde o departamento autonómico recoméndase que se extremen as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112 que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 

NÉBOA NO FIOUCO. E na Mariña, a brétema volve dar problemas. O tramo da autovía A-8 no Fiouco, entre os municipios lucenses de Abadín e Mondoñedo, estaba aberto a media tarde deste sábado aínda que era necesario circular a modo e con moita precaución debido á densa néboa que reducía notablemente a visibilidade.

Alerta laranxa por tormentas na montaña e o sur da provincia
Comentarios