Xosé María Arias responde a Patricia Otero que non participará nun proxecto no que non cre

O alcalde de Castroverde asegura que estará xunto ao seu rival no comité provincial no caso de que esta gañe as primarias
Xosé María Arias. VICOTRIA RODRÍGUEZ
photo_camera Xosé María Arias. VICOTRIA RODRÍGUEZ

O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, rexeitou este venres a proposta de Patricia Otero para ser o número dous na súa candidatura ao asegurar que non "vai participar" nun proxecto no que non cre.

Con todo, por lealdade "ao partido", avanzou que se é a deputada autonómica a que "gaña" este proceso interno que culminará cun congreso provincial o día 27 de xullo estará ao seu lado no comité provincial, pero non nunha "executiva dun proxecto" no que non cre.

Ademais, Xosé María Arias, que se sitúa "á beira dos militantes", acusou ao presidente da xestora, José Antonio Quiroga, de situarse á beira da súa rival. "A xestora ten que ser neutral e iso non se está facendo", manifestou.

Comentarios