Veciños de 9 concellos de Lugo aforrarán en viaxes en bus ata 800 euros ao ano

A Xunta aproba un investimento de 81.500 euros anuais para bonificar os billetes do transporte metropolitano
Estación de autobuses de Lugo. AEP
photo_camera Estación de autobuses de Lugo. AEP

Uns 7.300 veciños da área de Lugo —que ademais do municipio da capital está integrada polos de Castro de Rei, Outeiro de Rei, O Corgo, Guntín, Castroverde, Rábade, Friol e Baleira— poderanse beneficiar de aforros de ata 800 euros anuais nos seus desprazamentos en bus, grazas aos descontos da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMG).

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves o novo convenio do plan de transporte metropolitano para a provincia de face aos próximos catro anos, o que suporá unha investimento total duns 326.000 euros, uns 81.500 por anualidade. Pola súa banda, cada un dos concellos pertencentes a esta área e que xa referendaron os seus convenios achegará algo máis de 19.000 euros ao ano.

Con esta renovación do plan dáse continuidade a este convenio que se puxo en marcha no ano 2012 e co que xa se logrou incrementar nun 27% o uso do transporte público nesta área.

Outro dos colectivos máis beneficiados con esta iniciativa é o de menores de 21 anos —uns 1.300 posibles usuarios nesta área— que poden viaxar gratis en autobús, grazas < strong> Tarxeta Xente Nova. Ademais, está previsto que a partir de mediados de 2021 poidan facelo por toda Galicia.

Comentarios